Noticia02/05/2024

III ANDAINA SOLIDARIA INCLUSIVA. MEMORIAL CARMELA PRIMO

 

No contexto actual dunha realidade social complexa onde dende Cáritas Diocesana Mondoñedo Ferrol acompañamos a aquelas persoas cuxos dereitos humanos están sendo vulnerados, a nosa misión encádrase en facer visíbeis ditas situacións e no acompañamento no acceso ao mesmos.

O noso modelo de acción social invítanos a mirar dende a perspectiva dos dereitos humanos detectando realidades nas que atopamos inxustizas, necesidades e tamén capacidades e potencialidades nas persoas que acompañamos posibilitando dende dita perspectiva o seu proceso de promoción persoal e social.

Neste marco, celebramos o día 2 de xuño de 2024 o Día da Caridade (CORPUS), tendo esta data un sentido moi particular para a nosa entidade.

Un dos obxectivos de dita campaña é visibilizar os diferentes colectivos que acompañamos dende os distintos programas da entidade: persoas maiores en situación de soidade, familias e infancias en situación de exclusión social, atención a persoas en situación de sen fogar, acollida e acompañamento nas Cáritas Parroquiais, emprego e formación.

Outro dos obxectivos é a captación de fondos para poder facer efectiva a atención a ditas participantes.

Dentro das actividades incluidas na campaña deste ano cuxo lema é «ALLÍ DONDE NOS NECESITAS. ABRIMOS CAMINO A LA ESPERANZA» na zona de Ferrolterra atópase a III ANDAINA SOLIDARIA. MEMORIAL CARMELA PRIMO, en recordo á nosa compañeira e educadora social falecida en xuño do pasado ano. Dita andaina levarase a cabo o sábado 1 de xuño de 2024. Sairemos dende a Praza de Armas e a Igrexa de San Nicolás de Neda ás 11 da mañá percorrendo un tramo do Camiño Inglés duns 7 km aproximadamente que rematará coa xuntanza dos dous grupos na Praza de Galicia, Narón. O importe do dorsal será de 8 euros, existindo a posibilidade de adquirir un dorsal solidario. Ditos dorsais poderan adquirirse nas diferentes Cáritas Parroquiais de ferrol e Narón, Centro de Día de Inclusión social “Gabriel Vázquez Seijas” (Rúa Magdalena 221), nas farmacias solidarias e no seguinte enlace https://forms.office.com/e/DnEwccsbMV . Para iso, solicitamos e animamos á colaboración da cidadanía, entidades sociais e entes públicos na participación de dita iniciativa solidaria.

CARTEL III ANDAINA SOLIDARIA MEMORIAL CARMELA PRIMO