Cáritas aposta pola integración social das mulleres máis vulnerables
Grazas á resolución favorable da consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo impulsará á atención de mulleres en situación vulnerable para lograr a súa integración social plena.
O pasado mes de maio, a consellería de Promoción do Emprego e Igualdade resolvía favorablemente a nosa solicitude para as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, convocadas pola Resolución do 27 de mayo de 2024 e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco de programa FSE+Galicia 2021-2027.
Grazas a esta resolución, dende Cáritas Diocesana Tui-Vigo podemos continuar dando impulso á plena integración social das mulleres a través de accións concretas de orientación, información, atención e acompañamento dende diferentes áreas de actuación como a atención a necesidades básicas, e a atención psicolóxica e xurídica.
O importe concedido para o desenvolvemento deste proxecto foi de 8.093,40€ que facilitaron que 40 mulleres en situación de especial vulnerabilidade, procedentes de núcleos familiares con escasos ingresos económicos, se beneficiasen, dende o 1 de setembro do 2023 ata o próximo 31 de agosto do 2024, das seguintes servizos:
*Servizo de orientación e información sobre recursos singularizados, de atención, orientación e asesoramento persoal e social, así como de apoio directo nas relación con outras entidades, organismos e servizos que faciliten as persoas usuarias o seu proceso de integración social.
*Servizo de atención psicolóxica, xenerando un espazo para o coidado da saúde emocional e mental, como pilar básico do desenvolvemento persoal.
*Servizo de asesoramento xurídico permitindo o acceso a orientación xurídica en tódolos ámbitos precisos.
A zona de actuación abarcou dende a cidade de Vigo, a súa área metropolitana (Porriño e Salceda de Caselas) , as comarcas da Paradanta (Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente) e o Condado (Mondariz, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño).