Cáritas Tui-Vigo: Sembrando futuro no rural e acompañando ós nosos maiores
En Cáritas Diocesana de Tui-Vigo levamos anos traballando incansablemente para mellorar a calidade de vida de las persoas máis vulnerables no noso territorio. A través de diversos programas e proxectos, enfocámonos en dúas áreas clave: o empoderamento do rural e o acompañamento ós nosos maiores.
O Empoderamento do Rural.
Un dos obxectivos do Programa de Animación Comunitaria, Voluntariado e Acción no Territorio de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo é chegar a cubrir a maior parte do noso territorio e facer presente a misión e acción de Cáritas no maior número de comunidades parroquiais posibles.
Así o levamos facendo dende os inicios, pero por circunstancias e características especiais do noso territorio, estamos a por o énfase no Territorio Rural.
A despoboación, a vulnerabilidade das persoas maiores, a falta de recursos, a degradación de certos recursos ecolóxicos e as situacións de carencia e necesidade son motivos suficientes para enfocar a nosa labor de cara o territorio rural, fomentando as súas potencialidades e capacidades deste territorio.
Para poder levar a cabo a nosa misión no territorio rural é preciso dos recursos humanos, materiais e económicos que Cáritas pon a disposición grazas os fondos propios das doazóns aportadas polos seus socios e parroquias e tamén cos fondos acadados de entidades públicas e privadas.
Grazas a estes fondos, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo leva varios anos traballando polo noso rural, pondo a disposición, persoal técnico e recursos materiais e económicos. Investindo recursos propios e optando a subvencións e axudas de Cáritas Española e da Xunta de Galicia (IRPF). É nesta última e baixo o proxecto EDACFO I (Equipo de Animación Comunitaria e Formación), xunto con Cáritas Diocesana de Santiago, Mondoñedo-Ferrol e Ourense optamos a unha partida investida en actividades formativas na nosa contorna rural.
O Acompañamento ós Nosos Maiores. Proxecto CON-VIVINDO.
Cáritas Diocesana de Tui-Vigo e en particular dende o Programa de Animación Comunitaria e Voluntariado lévase varios anos motivando, animando e impulsando a creación de actividades dirixidas aos máis maiores das nosas comunidades parroquiais e tanto en comunidades rurais coma en comunidades urbanas.
Do que se trata e de abrir e ter espazos para os máis maiores, onde poidan falar, compartir experiencias, e outras actividades de ocio e tempo libre como xogar, facer ximnasia de mantemento e facer manualidades, entre outras.
Para poder levar a cabo todo isto é preciso dos recursos humanos, materiais e económicos que Cáritas pon a disposición grazas os fondos propios das doazóns aportadas polos seus socios e parroquias e tamén cos fondos acadados de entidades públicas e privadas.
Grazas a estes fondos, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo pon a disposición o persoal técnico e recursos materiais e económicos para incentivar ditas actividades. Invístense recursos propios e óptase a subvencións e axudas de Cáritas Española e da Xunta de Galicia (IRPF). É nesta última e baixo o proxecto CON-VIVINDO, xunto con Cáritas Diocesana de Santiago, Mondoñedo-Ferrol e Ourense onde se opta a unha partida investida en actividades dirixidas aos nosos maiores.