Nuestro día a día30/12/2023

Red Acoge e Cáritas, xuntos contra a discriminación racial

Dende fai algún tempo, o Servizo de Asistencia e Orientación a Víctimas de Discriminación Racial o Étnica da Red Acoge e Cáritas Diocesana de Tui-Vigo traballan e unen esforzos para atender os casos de discriminación racial que se producen no día a día.

Eduardo Búa Barbosa é un dos técnicos do Servizo de Asistencia e Orientación a Víctimas de Discriminación Racial o Étnica da Red Acoge.

Hoxe, cóntanos nesta entrevista cómo funciona este servizo, cómo colaboran con Cáritas e cómo se vive na actualidade a discriminación racial,

En qué consiste a actividade de Red Acoge. ¿Qué aspecto destacarías máis?

O que máis destacaría da nosa actividade e a atención as persoas e ese acompañamento. Somos un espazo en onde a persoa pode abrirse e contar qué incidente lle  pasou, cómo se sentiu e decidir qué lle gustaría facer ao respecto.

No nosos servizo que damos traballamos para evitar que se de incidentes de discriminación racial ou étnica ou, unha vez dados, intervir neles. Ademais,  estamos en contacto con moitas administración públicas (inspección de traballo, corpos e forzas do estado, fiscalías) o que nos facilita o poder axilizar e orientar da mellor forma posible a calquera persoa que sufra un incidente discriminatorio en calquera contexto, xa sexa no sanitario, no educativo, no laboral, etc.

¿Qué entendemos como discriminación racial ou étnica?

A discriminación consiste en tratar a unha persoa de forma distinta, e ese trato distinto adoita ser menos favorable cara a persoa que ten unha característica racial concreta.  Algún exemplo de discriminación racial sería o poñer barreiras á asistencia sanitaria cando a persoa  cumpre tódolos requisitos,  sería tratar con desprezo, mirar con odio ou con rexeitamento, como cando persoas xitanas acoden ao supermercado e teñen un  garda de seguridade vixiándoas de forma constante, só polo feito de ser xitanas. Todo iso, todos estes exemplos, son un trato discriminatorio por motivos étnicos.

Estamos vivindo un momento de reponte importante de todo o fenómeno da inmigración descontrolada, ¿isto está supoñendo tamén un incremento da resposta xenófoba ou da resposta de discriminación racial?

Si.  Ultimamente, no servizo estamos documentando un incremento bastante preocupante de comentarios racistas, sobre todo en prensa: comentarios que realizan terceiros, que realizan persoas que len a prensa e realizan ese tipo de comentarios,  nas propias noticias, e nas entradas das redes sociais. Publican comentarios xenófobos, publican enganos, mentiras que acaban promovendo odio cara o descoñecido,e cara as persoas que se ven obrigadas a escapar dos seus países, a montarse en barcos nunhas condicións que son deplorables, a arriscar as súas vidas sen ningún tipo de garantía, mar aberto, sen unhas condición hixiénico-sanitarias mínimas. Persoas que só buscan escapar dunha situación no seu país de orixe e empezar de novo en España.

 

¿Podemos afirmar que actualmente sigue habendo moito racismo na sociedade española?

É  certo que hai sociedades que, pola súa herdanza cultural,  pode ser máis propensa ou ter un estilo máis racista, pero o que está claro e que en España somos unha sociedade racista como calquera outra e, dependendo incluso do estilo de  ideoloxía da persoa, incluso xenófobo.

Sen embargo, inda que nos queda moitos pasos por dar, hai que admitir que demos avances importantes na loita contra o racismo e contra a discriminación racial ou étnica. Nos últimos cinco anos os delitos de odio teñen ido a máis. Agora mesmo no sabería darche unha porcentaxe, pero creo recordar que se duplicaron en Galicia.

¿Qué pode facer unha persoa que se sinta acosada ou discriminada por motivos raciais ou étnicos?

O máis recomendable é chamar ó 021, que é un teléfono habilitado polo Ministerio para atender estas situacións. Neste número  vanlle a proporcionar atención inmediata ó incidente. Despois, si a persoa solicita ou desexa atención presencial, o 021 pode derivar o caso á oficina de Galicia, e contactar comigo.

 Se está interesada, a persoa pode buscar as siglas ou o acrónimo do organismo que é responsable do servizo (CEDRE). Se busca iso en internet, poderá ver as formas de contacto coa oficina de Galicia nun mapa de España.

Desde este servizo atendemos  a calquera persoa, xa sexa con situación administrativa regula ou irregular, persoas españolas que polo motivo que sexa pode ter ascendencia ou algunha  característica racializada. Independentemente da situación persoal, este servizo atende a todo o mundo.

Nese momento que a persoa se pon en contacto co servizo, ¿cómo é o procedemento?

Varía moito da persoa  e de cada caso. Hai casos que son moi, moi directos onde se documenta un incidente discriminatorio, se consulta a lexislación e se pode intervir no momento e se resolve o incidente.

Noutros casos o procedemento é mais lento, porque son moi ambiguos, e onde apenas hai probas, e por moito que o servizo investigue non pode chegar a nada. Cando é así, temos  que valorar o caso moi ben, e coma sempre facemos, ter  unha atención cálida, un acompañamento e unha escoita para xerar un espazo de confianza e tranquilidade, que lle permita ás persoas  ventilarse. Unha vez teñamos todo iso, o que facemos e acompañar as persoas nas decisións que tome.

¿Cómo chega a Cáritas este servizo de orientación e asistencia  de Red Acoge?

Este servizo chega a Cáritas a través destes contactos que solemos facer con todas as entidades do terceiro sector. O interesante é chegar o maior número de persoas posible que sofren  ou que houberan sufrido algún incidente discriminatorio por motivos raciais ou étnicos. Partindo da base que hai persoas atendidas por Cáritas que poden ser vítimas potenciais, temos que achegarnos ás entidades para presentarnos, e darnos a  coñecer para que a xente que sufra algún incidente de este tipo, poida contactar con nós.

¿Con qué outras entidades traballades ou tendes colaboración?

Traballamos con Provivienda,  con Érguete, con Teranga, con Accem, Ecos do Sur e outras entidades que están en contacto con persoas de moi diversos lugares, e que poden presentar algunha característica racial que lle motiva  a outras persoas a facer esa discriminación racial ou étnica.

¿Qué valoración farías da colaboración entre Red Acoge e Cáritas?

Ó certo é que é unha colaboración estupenda. Dende o servizo puidemos facer aquí informacións e facemos xuntanzas, estamos en contacto constante para posibles casos.

Dende o servizo estamos moi contentos coa colaboración que está facendo con Cáritas e sobre todo co trato que dan.