Cáritas fomenta a inclusión social a través de reunións grupais
Estas sesións grupais supoñen un espacio enriquecedor de cultura xeral e de tecido de redes sociais.
As sesións informativas grupais son unha ferramenta estrutural na metodoloxía de intervención social de Cáritas. Dende os proxectos de Inclusión Social Básica A Carón e Mesturas, Cáritas puxo en marcha unhas sesións informativas grupais para persoas en situación de vulnerabilidade, co obxectivo de fortalecer as súas capacidades persoais e socias. A través de estes encontros regulares, aproximadamente un por quincena, os participantes adquiren coñecementos en diferentes áreas como cultura, emprego, competencias dixitais e xestión de recursos.
Un espacio de apoio mutuo con temáticas adaptadas.
Ó longo destas abórdanse temas variados que se adaptan ás necesidades dos participantes, como:
- Historia e recursos da contorna.
- Aforro e eficiencia para un uso responsable de recursos.
- Cultura laboral.
- Competencias dixitais básicas.
- Aproximación á lei de estranxeiría.
- Migración como situación ou condición. Superando desafíos ó migrar.
No últimos 10 meses, leváronse a cabo 20 destas sesións, con 212 asistencias e dinamizadas non só polas propias técnicas de Cáritas, se non tamén por profesionais invitados de entidades colaboradoras como o Instituto Galego de Consumo e da Competencia, Red Acoge e ADICAE, ou incluso persoas voluntarias ou participantes de proxectos de Acción Social.
Cabe destacar que nestas sesións dáse prioridade ó coidado emocional, razón pola cal trabállase transversalmente a motivación e o fortalecemento das habilidades segundo as particularidades e posibilidades de cada participante. Ademais, o feito de xuntar a persoas que se atopan con dificultades similares de vulnerabilidade ou en diferentes momentos do percorrido desta fase vital, permite crear un ambiente de comprensión que permite ós participantes compartir experiencias, resolver dúbidas e encontrar apoio mutuo.
Valoración positiva dos participantes.
Os resultados deste programa están sendo moi positivos. Os participantes valora especialmente o ambiente cercano e acolledor das sesións, así como a utilidades dos coñecementos adquiridos.
A organización destas sesións grupais desenvólvese dentro dos proxectos de Inclusión Social Básica A Carón e Mesturas, co apoio económico da Xunta de Galicia e da Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 por subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servicios sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023 a 2025.