Programa de Necesidades Básicas, un proxecto que cubre as necesidades básicas máis urxentes das persoas en risco de exclusión social
Neste programa desenvólvense os servizos de acollida, información, asesoramento e acompañamento integral, así como a cobertura de necesidades básicas con carácter de urxencia a persoas e familias en situación de vulnerabilidade.
Unha das misións de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo é a de acoller, informar e asesorar ás persoas en situación ou risco de pobreza e exclusión, dende unha perspectiva integral e comunitaria, e tendo en conta ás posibilidades de promoción e inserción social de cada persoa.
Un dos aspectos que máis urxe dentro desta intervención integral soe ser a cobertura das necesidades básicas acuciantes, principalmente en materia de provisión de alimentación, vestiario , hixiene, enseres do fogar, vivenda, así como achegas económicas e outros recursos destinados a cubrir necesidades básicas das persoas en situación ou risco de exclusión. Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas, fan que poidamos seguir traballando na atención ás persoas e familias en risco de exclusión social que precisan deste tipo de cobertura, entre outras.
A pesar de que este servizo de acollida realízase dende hai máis de 50 anos, non só en Cáritas Diocesana de Tui-Vigo e nas Cáritas Rexionais Galegas da que forma parte, si non en moitas outras Cáritas de toda España, co paso dos anos foi evolucionado e adaptándose á nova realidade, pero sempre coa persoa como centro e camiñando ata novas formas que velen cada vez mais polos seus dereitos. É por isto que, ó longo deste ano, a grande maioría das axudas de alimentación, hixiene e roupa nos servizos de acollida fíxose mediante a entrega de vales ou tarxeta.
Desta forma, colaboramos coa Estratexia de Inclusión Social 2014-2020 da Xunta, na loita contra a desigualdade social en Galicia, prestando unha atención continuada e individualizada, preto das persoas e do seu entorno, realizando un acompañamento de carácter social e educativo, e facilitando canles para a súa promoción e autonomía.
Este programa non sería posible, si non contásemos co equipo humano composto por persoas voluntarias con experiencia, que traballan dun xeito gratuíto e desinteresado, principalmente dende os servizos de acollida das parroquias e outros dispositivos, ao longo de toda a Diocese, e tamén por persoas contratadas, traballadoras socias que traballan na execución deste programa.